


NUESTROS ARTISTAS
La Asociación está formada por las bandas y solistas que se detallan a continuación. En esta sección podrás observar las características, componentes, estilo musical y fotografías de los diferentes artistas que integran la entidad.

Agrupación musical creada en Carballo no ano 2009 que se centra na interpretación de versións de cancións pop-rock dos anos 80 & 90 principalmente de bandas españolas. Está formada por 5 compoñentes: Jenny Cambón (cantante); Pepe Fidalgo (guitarra); Alberto Martínez (guitarra); Marcos Cerviño (baixo) e Luis Becares (batería).

12Labirinto é un grupo formado en Meirama (Cerceda) no ano 2007. Musicalmente é un grupo de Rock en galego con matices propios do Hard-Rock, Punk-Rock e do Metal máis accesible ao público xeral. No repertorio imos atopar dende vellas composicións de Manuel na súa época Zënzar a cancións feitas para esta nova etapa, sempre complementadas con algunha versión. Os seus compoñentes son: Manuel Silveira (guitarra e voz); Carlos Cotelo (guitarra); Jesús Abarca (baixo e voz); Iván Couto (batería).

The Cerne leva un longo camiño percorrido dende a súa creación no 2.005. The Cerne céntrase na procura dun son persoal coidando tanto a imaxe coma o son, xa sexa para tocar versións de rock-blues, ou facer un homenaxe os Creedence C.R. Na actualidade o grupo esta formado por: Lara (voz), Jaime (guitarra e voz), Jonatan (baixo e voz), Joaquín (batería) e Guillermo (guitarra e voz). O repertorio actual é case íntegro de composicións propias tanto en galego como en castelán ou inglés.

Máxica é unha banda que versiona clásicos do Rock de tódolos tempos dándolle o seu toque persoal. Os seus concertos son unha viaxe a través do Rock das décadas dos 70, 80 e 90 no que repasan algúns dos temas máis emblemáticos deste xénero musical. Se che gusta o Rock en todas as súas variantes Máxica é a túa banda.

Tálesien nace en Galicia no 2002 das cinzas de Kraken, banda que nos deixou dúas Eps editados: “Tierras de Sangre” no 1999 e “Eyes of Destruction” no 2000, cos que percorreron a xeografía galega, participando en memorables concertos, como o compartido cos Suaves en Castrelos (Vigo) ante máis de 7.000 persoas.

Con extensa traxectoria musical por separado o dúo naceu en 2018, formado por Andrés Rey e Huguette Periscal, presentando temas das grandes divas do Soul, Blues, Jazz..., Inquedos por darlle forma de canción ás súas propias notas, en tempos de pandemia naceron os seus primeiros temas, e en 2021 gravan nos estudos Fonorraptor de Madrid o seu primeiro LP “InsonMIblues”. Neste 2025, e de cara ao verán está en proceso o que será o seu 2º álbum.

Rusty Nuts é unha banda de punk rock formada en Carballo (A Coruña) por catro amigos (Manolo, Noel, Capi e Zas) que deciden cumprir un vello soño; aprender a tocar un instrumento de forma autodidacta e formar un grupo. Reciben influenzas principalmente da escena punk californiana aínda que beben de diferentes estilos como o garage ou o punk rock australiano entre outros. En maio do 2023 autoproducen e publican o seu primeiro EP "No Time" composto de 5 temas enérxicos en inglés.

Anabel Del Río, nacida en Londres, filla de emigrantes galegos de Ordes a súa paixón sempre foi cantar e compoñer. Retoma a música no 2022, crea o seu primeiro videoclip e xunto a “Suso Coutinho” como acompañante (arreglista, pianista, guitarra, etc.) fan eventos onde se presenta unha mestura dos seus propios temas con música dos 90.

Lowcos e unha banda de Rock Alternativo formada en 2010 en Carballo e coñecida sobre todo polos seus incendiarios directos. Despois de moitos cambios de formación actualmente conta nas súas filas cos seguintes membros: Adrián Laíño (Batería); Pedro Caamaño (Baixo); Uxía García (Voz, coros e percusións); Nani Mouro (Guitarras); Suso Serrano (Voz e guitarra)
